lunes, 12 de noviembre de 2012

TALLER DE NUTRICION E DIETÉTICA

Taller de nutrición e dietética

O próximo xoves dia 15 de novembro comezamos o taller de nutrición e dietetica.
Unha das razóns de formular este taller foi que, segundo os últimos estudos, en España máis dunha cuarta parte da poboación maior de 60 anos ten problemas nutricionais e mais concretamente en Ourense un 8,6% da pobación está desnutrida sen que inflúa de forma determinante a carencia 
de recursos, senón por uns malos habitos.
E en relación co peso, mais dun 30% presenta problemas de sobrepeso cun indice de masa corporal superior a 30 con maior frecuencia en mulleres.
Ante estes datos que chaman a atención por que son do noso entorno,es importante que coñezamos os recursos suficientes para poder atallar dentro das nosas posiblidades estes problemas que en nós seguramente estan presentes dunha mamera mínima pero que é necesario que manexemos os conceptos básicos de nutrición para que dentro das nosas posibilidades poidamos atallar o problema e con iso mellorar a nosa clidad de vida.